O secretario xeral da Emigración asiste aos actos do Xacobeo que organiza o Centro Galego de Valencia, con María do Ceo como artista invitada

Imaxe do acto celebrado esta tarde no Ateneo de Valencia
Imaxe do acto celebrado esta tarde no Ateneo de Valencia
Acto de celebración do Xacobeo 21-22 organizado polo Centro Galego de Valencia
Listen to this page using ReadSpeaker
Valencia, 20 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde aos actos que organizou o Centro Galego de Valencia, no Ateneo desta localidade, dedicados ao Xacobeo 21-22 e que contaron con un concerto da artista galega María do Ceo como artista invitada. 

O acto comezou cunha conferencia a cargo de Lita Fernández, presidenta da Federación Española de Caminos de Santiago e de Amigos de Santiago de Valencia, quen analizou ante os presentes o Camiño de Santiago de Levante, levándose a cabo posteriormente, por parte do presidente da entidade galega, Manuel Fortes, a presentación da antoloxía poética O Camiño das Estrelas, que fala, en galego, castelán e valenciano, da experiencia que supón para a e o peregrino viaxar ata Compostela. A xornada completouse co concerto de María do Ceo.

504 lecturas