Emigración mantén aberta a liña ao Retorno Emprendedor para apoiar aos galegos e galegas que volven e desexan por en marcha un proxecto de futuro

O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro
O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro
Karina Lomba - Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, como Karina Alejandra Lomba, regresaron á terra das e dos seus avós para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención.

No seguinte vídeo, esta retornada da Arxentina que reside en Ames conta a súa experiencia no emprendemento coa posta en marcha dunha iniciativa de deseño e comercialización en liña dun aparato único en Europa para realizar actividades orientais, denominado “Kalewa”, co que se pode realizar ioga, taichí ou pilates. 

O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados conta este ano con dúas liñas de axudas, unha que promove o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica a causa da pandemia. Os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).

355 lecturas