Emigración lembra que o prazo de solicitudes para o programa “Conecta co Camiño” remata o 20 de maio

Os participantes percorrerán oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego.

Emigración lembra que o prazo de solicitudes para o programa “Conecta co Camiño” remata o 20 de maio
Emigración lembra que o prazo de solicitudes para o programa “Conecta co Camiño” remata o 20 de maio
Conecta co Camiño 2024
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024.

A Xunta de Galicia lembra que o prazo de inscrición para o programa "Conecta co Camiño" finaliza o próximo 20 de maio.

Esta iniciativa ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen.

En total, ofértanse 60 prazas, distribuídas entre os diferentes países con maior presenza de colectividade galega. Os beneficiados aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.

O programa desenvolverase a través do percorrido por oito tramos galegos a pé polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela, así como na participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

A Xunta farase cargo da organización da viaxe, dos traslados dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, sempre dependendo do nivel de renda dos beneficiarios, que poderá supor afrontar parte do custo do voo, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia.

155 lecturas