Os mozos e mozas participantes no programa 'Conecta co Camiño' coñecen a provincia de Pontevedra durante a súa andaina

Este programa destínase a galegas e galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 

Desenvolverase ata o 31 de xullo e, ademais de percorrer oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, tamén están a coñecer aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego.

  • O 'Conecta co Camiño' desenvólvese ao longo da ruta xacobea entre o 20 e o 31 de xullo
    O 'Conecta co Camiño' desenvólvese ao longo da ruta xacobea entre o 20 e o 31 de xullo

Listen to this page using ReadSpeaker
Pontevedra, 27 de xullo de 2023.

O medio cento de mozos e mozas participantes no programa Conecta co Camiño chegan á metade da súa andaina no Camiño Portugués coñecendo diversos puntos de interese turístico da provincia de Pontevedra.  

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, permite que mozas e mozos galegas do exterior de entre 18 e 20 anos, procedentes dos países con maior presenza da colectividade galega (Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil) poidan percorrer a ruta xacobea entre o 20 e o 31 de xullo. 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen, e que coñecéndoa poidan decidir retornar a Galicia.

As e os beneficiados alóxanse, ao longo desta estadía, na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.

O programa desenvolverase a través do percorrido por oito tramos galegos a pé polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela, así como na participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna. 

Para moitas e moitos deles e delas suporá a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

355 lecturas