Emigración publica a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta co Camiño

A iniciativa destínase a persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O programa desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e os participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo.

As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polos Camiños Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego.

O prazo de emenda de solicitudes está aberto ata o 6 de xullo
O prazo de emenda de solicitudes está aberto ata o 6 de xullo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe provisional das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta co Camiño  da Secretaría Xeral da Emigración que se volve a desenvolver este ano, tras tres anos de suspensión por mor da pandemia, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. 

O programa ofrece 60 prazas para que mozos e mozas galegas do exterior de entre 18 e 20 anos poidan percorrer a ruta xacobea entre o 20 e o 31 de xullo. 

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, volve a convocar os programas de achegamento a Galicia dos galegos e galegas do exterior, centrándoos, nesta ocasión, no Camiño de Santiago.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen.

En total, ofértanse 60 prazas, distribuídas entre os diferentes países con maior presenza de colectividade galega. As e os beneficiados aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.

O programa desenvolverase a través do percorrido por oito tramos galegos a pé polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela, así como na participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna. 

A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización da viaxe, dos traslados dos participantes e custo dos billetes dende o lugar de residencia destas persoas, sempre dependendo do nivel de renda das e dos beneficiarios, que poderá supor afrontar parte do custo do voo, así como dos desprazamentos terrestres, aloxamento e manutención en Galicia, coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude.

As e os interesados teñen de prazo para a emenda da solicitude ata o 6 de xullo. As listaxes poden consultarse nesta ligazón

484 lecturas