Miranda e Ortiz reciben aos galegos e galegas do exterior participantes no programa Conecta co Camiño

O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta en Vigo deron a benvida aos 50 mozos e mozas procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil que desfrutarán desta iniciativa.

Este programa destínase a persoas de entre 18 e 20 anos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 

Desenvolverase do 20 ao 31 de xullo e as e os participantes aloxaranse na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, percorrendo oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego.

  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Vigo das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Vigo das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Vigo das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Vigo das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023
  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Vigo das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Vigo das e dos participantes no Conecta co Camiño 2023
  • Imaxe da chegada a Galicia das e dos mozos galegos do Uruguai participantes no Conecta co Camiño
    Imaxe da chegada a Galicia das e dos mozos galegos do Uruguai participantes no Conecta co Camiño
  • Imaxe da chegada a Galicia das e dos mozos galegos de Venezuela participantes no Conecta co Camiño
    Imaxe da chegada a Galicia das e dos mozos galegos de Venezuela participantes no Conecta co Camiño
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 20 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, recibiron esta mañá no aeroporto da localidade olívica ao grupo de participantes no programa Conecta co Camiño que facilitará a 50 galegas e galegos do exterior achegarse a Galicia a través da realización do Camiño Portugués pola Costa durante as próximas semanas.

Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, permitirá que mozos e mozas galegas do exterior de entre 18 e 20 anos, procedentes dos países con maior presenza da colectividade galega (Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil) poidan percorrer a ruta xacobea entre o 20 e o 31 de xullo. 

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen, e que coñecéndoa poidan decidir retornar a Galicia.

As e os beneficiados aloxaranse na Residencia Xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude.

O programa desenvolverase a través do percorrido a pé por oito tramos galegos polo Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela, así como na participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna. 

Para moitas e moitos deles e delas suporá a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

332 lecturas