Conecta co Camiño 2024

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

490 lecturas
Información do programa e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 8 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Camiño dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024.
Data de publicación: 
17.04.2024
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta co Camiño para o ano 2024. Este programa ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa cultura e a xeografía galega a través da realización de distintos tramos do Camiño de Santiago Portugués ata Compostela.

O programa, que se desenvolverá entre o 19 e 31 de xullo, comprende dous tipos de actividades:

  • CAMIÑO PORTUGUÉS: Percorrido a pé de 8 tramos galegos dese roteiro (100 km) 
  • VISITAS CULTURAIS: Actividades orientadas a coñecer diversos aspectos da situación socioeconómica de Galicia e o patrimonio cultural da contorna.

Persoas participantes:
Poderán optar a este programa os/as mozos/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha idade comprendida entre os 18 e 20 anos á data de inicio do programa.
b) Non participar en edicións anteriores en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.
c) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega. 
d) Ter a nacionalidade española. 
e) Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
f) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 12 meses a contar desde o día de publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia. 
g) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
h) Para as prazas con financiamento do 100%, determinadas condicións económicas (consultar art. 3.2 da Resolución da convocatoria).

Prazo de presentación de solicitudes:
Desde o 18/04/24 ata o 20/05/2024.

Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • No Brasil: 
    -Peña Gallega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
    -Sociedad de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
    -Asociación Cultural Hispano Galega Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas, na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.

Así mesmo, poderán presentar as solicitudes presencialmente nos consulados de España no seu país de residencia e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede electrónica
  • Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar

Distribución de prazas e financiamento das viaxes:

PAÍS DE RESIDENCIA NÚMERO DE PRAZAS FINANCIAMENTO
Axuda 100% SXE Paga solicitante:
800 € América -   250 € Europa
Arxentina 18 12 6
Brasil 7 5 2
Cuba 6 5 1
Uruguai 7 5 2
Venezuela 6 5 1
Resto de América  6 4 2
Resto de Europa 10 6 4
TOTAL: 60 42 18

 

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
20.05.2024