Cursos de Mediación Intercultural Sanitaria
Ao longo deste mes de decembro, a Secretaría Xeral da Emigración vai celebrar tres edicións dun Curso de Mediación intercultural sanitaria, dirixido ás e aos responsables e ao persoal membro de asociacións de inmigrantes e ao persoal e voluntarios e voluntarias de entidades sociais que traballan no eido da inmigración.
A primeira edición celebrarase os días 9 e 10 de decembro en Ourense, a segunda os días 16 e 17 en Santiago, e a última o día 18 en Vigo.
Os obxectivos do curso son potenciar a capacitación das e dos profesionais e voluntarios e voluntarias que traballan no campo da mediación intercultural sanitaria así como achegar coñecementos e experiencias sobre a mediación e sobre aqueles aspectos relativos á organización e funcionamento do sistema sanitario que teñen máis incidencia na atención das e dos pacientes inmigrantes.
A duración de cada curso -de 20 prazas cada un- é de 10 horas.
As persoas interesadas en asistir aos cursos inscribiranse a través do portal web www.galiciaaberta.com, realizando a inscrición on line dende o apartado "Plan de Formación", dende onde a través de "Acceso ao Plan de Formación" (http://emigracion.xunta.es/PF/plan_formacion) cubrirán o correspondente formulario.
Tanto no apartado "Plan de Formación", como na Guía actualizada de programas e actividades das migracións (GAPAM) de www.galiciaaberta.com, pode consultarse o programa do curso.
Novas relacionadas