Emigración acorda con entidades locais e asociacións as principais liñas de actuación en inmigración e retorno para 2010

A través dunha xornada de traballo informarase acerca do novo Plan de Mediación Intercultural, o Mapa de Recursos e o Plan de Formación 2010 para o colectivo.

Á xornada de mañá concorren entidades locais e entidades de iniciativa social que traballan no eido das migracións.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Secretaría Xeral da Emigración, a través da subdirección xeral de Inmigración e Retorno, presentará nunha xornada de traballo con entidades locais e asociacións de inmigrantes algunhas das principais liñas de actuación que está previsto desenrolar no 2010 no eido das migracións.

Así, informarase acerca do Programa de Mediación Intercultural, posto en servizo do colectivo a finais do pasado mes de xaneiro, a reorientación do actual Mapa de Recursos para e mailo Plan de Formación 2010, que contén accións formativas tanto no eixo da acollida coma na integración social.

O programa de traballo será o que segue:

09.30 h. Presentación

09.45h. liñas de actuación do Programa de Mediación Intercultural

11.45h. Plan de Formación 2010. Situación actual do Mapa de Recursos migratorios e reorientación do Mapa

13.30h. Conclusións á xornada

1802 lecturas