Emigración informa ás e aos galegos retornados sobre os trámites necesarios para validar e homologar os títulos de formación académica

A sexta das 'Pílulas do Retorno' trata sobre a validación e homologación da formación académica
A sexta das "Pílulas do Retorno" trata sobre a validación e homologación da formación académica
Vídeo informativo sobre a homologación ou validación de títulos académicos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continúa coa publicación das súas pílulas informativas en relación aos principais documentos que se deben obter ao chegar a Galicia. Nesta ocasión explícase onde e como debe tramitarse a validación e a homologación dos títulos de formación académica.

Para máis información, poden dirixirse a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Tamén poden enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

 

329 lecturas