Emigración incrementa en máis dun 50% o orzamento do programa de obradoiros para centros galegos no exterior

Esta iniciativa, que se publica no Diario Oficial de Galicia, permitirá aos centros poñer en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña ou seminarios de cultura galega.

O programa, que conta cun orzamento de 225.000 euros, sufragará os honorarios do profesorado, viaxe ao país e materiais de formación.

O prazo de solicitude dos obradoiros estará aberto ata o 19 de abril
O prazo de solicitude dos obradoiros estará aberto ata o 19 de abril
Obradoiros de folclore, artesanía, cociña galega e seminarios de cultura galega 2024
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe  a convocatoria do programa da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha de obradoiros de folclore, artesanía, cociña ou seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior que novamente poderán ser presenciais ou telemáticos. Os centros interesados poderán facer efectiva a solicitude dende mañá, mércores 20 de marzo, e ata o 19 de abril.

Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración reforza a financiación dos obradoiros nas entidades galegas do exterior, cun orzamento global de 225.000 euros para a posta en marcha de estas iniciativas,  sufragando así a Administración os honorarios e desprazamento do profesorado, así como, de ser o caso, a compra dos materiais de formación. As entidades encargaranse, pola súa banda, dos gastos de estadía e manutención do profesorado e das instalacións onde se impartan os cursos.

Mantense así, como en anos pasados, a modalidade presencial destes obradoiros e a modalidade telemática a través da  aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactuarán conforme Ás necesidades das persoas participantes co fin de optimizar a aprendizaxe. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades.

As entidades poderán solicitar por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propor un profesor ou profesora para que o imparta, sempre que conste nas listas de persoas formadoras na modalidade solicitada.

Para a realización de obradoiros de cociña ou de seminarios de cultura galega, as entidades deben contar con instalacións e equipamentos axeitados.

O obxectivo é que en todos os centros galegos do mundo se poida impartir polo menos un obradoiro, para o fomento da cultura galega.

528 lecturas