Emigración explica a través dun vídeo o xeito de tramitar as bolsas BEME
As bolsas BEME paso a paso
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que a nova convocatoria finaliza o 29 deste mes.
A blogueira Adriana Lueiro explica, neste vídeo, como se tramitan as bolsas BEME, e os pasos e documentación que se debe presentar para poder optar a esta axuda e facer un máster en Galicia.
Novas relacionadas