Emigración recorda, a través da experiencia dun retornado universitario, que xa está aberta a nova convocatoria de bolsas BEME para cursar un máster en Galicia

O prazo de solicitude das BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
O prazo de solicitude das BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
Hugo Cerviño - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria  que está aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas.

Hugo Cerviño, universitario galego do Brasil, retornou a Galicia grazas a unha bolsa BEME. Isto permitiulle conseguir un emprego en Galicia e trasladar a súa experiencia á súa contorna para que tamén puideran solicitala. Neste vídeo podemos coñecer a súa historia.

305 lecturas