Emigración lembra que o próximo 29 de abril pecha a convocatoria das bolsas BEME e explica nun vídeo o obxectivo das mesmas
Que son as bolsas BEME?
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que a nova convocatoria finaliza o 29 deste mes.
A blogueira Adriana Lueiro explica, no seguinte vídeo, que son as bolsas BEME, que obxectivo teñen e que requisitos debe cumprir unha ou un universitario galego do exterior para solicitalas.
Novas relacionadas