Emigración explica o procedemento completo para solicitar unha bolsa BEME e lembra que mañá, venres 29 de abril, pecha a convocatoria

O prazo de solicitude das bolsas BEME remata mañá, 29 de abril
O prazo de solicitude das bolsas BEME remata mañá, 29 de abril
Solicitude, concesión e pagamento das bolsas BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración volve animar ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nunha das universidades galegas, tendo en conta que en a nova convocatoria finaliza mañá, venres 29 de abril.

A blogueira Adriana Lueiro explica, neste vídeo, cal é o procedemento que se debe seguir para a solicitude, a súa concesión e o pagamento das bolsas BEME. Estas bolsas están destinadas a universitarias e universitarios galegos do exterior ou descendentes de galegas e galegos.  

272 lecturas