Chegan a Santiago as e os galegos do exterior que realizaron o programa Conecta co Xacobeo organizado pola Secretaría Xeral da Emigración

Foron recibidas e recibidos na praza de Mazarelos polo secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou nos últimos metros ata chegar ao Obradoiro.

Esta iniciativa, na que participan cerca de 200 galegas e galegos procedentes de países americanos, europeos e das comunidades autónomas, comezou o pasado domingo,  realizando os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas.

  • Imaxe da chegada a Santiago das e dos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 da Secretaría Xeral da Emigración
    Imaxe da chegada a Santiago das e dos participantes no Conecta co Xacobeo 2022 da Secretaría Xeral da Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2022.

As e os case 200 participantes do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, remataron hoxe a última etapa do Camiño, acompañados polo secretario xeral desde departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda.

Estas e estes galegos do exterior, todas e todos eles vinculados a algunha entidade galega, chegaron o pasado domingo e durante unha semana percorreron as diferentes etapas do Camiño Portugués e da Vía da Prata.

Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas, como nos países europeos. Este ano, como novidade, o programa volveu abrir a convocatoria tamén ás e aos galegos residentes nos países americanos. 

As peregrinas e peregrinos foron recibidos por Rodríguez Miranda na praza de Mazarelos e xuntos percorreron o casco histórico de Santiago ata chegar á praza do Obradoiro e, posteriormente, asistir á misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela.

O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

416 lecturas