Miranda destaca o labor dos centros galegos de Castela e León na promoción da cultura galega durante a celebración do Día de Galicia nesta comunidade autónoma
Miranda de Ebro (Burgos), 13 de maio de 2023. 
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Miranda de Ebro, Burgos, á celebración do Día de Galicia en Castela e León onde agradeceu ás entidades galegas o traballo en prol da cultura de Galicia e a promoción da lingua galega, así como o apoio e coidado dos galegos e galegas residentes nesta comunidade autónoma.
Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral e das autoridades locais, numerosas e numerosos membros procedentes dos centros galegos de Burgos, Salamanca, a propia Miranda de Ebro e Ponferrada. As e os asistentes puideron desfrutar de distintas actuacións como as das agrupacións musicais e corais das entidades destas catro localidades.
Novas relacionadas
 
             
           
               
  		    



