Emigración continúa a apoiar as novas iniciativas empresariais das e dos emigrantes retornados con ata 10.000 € de axuda

Imaxe de arquivo da visita do secretario xeral da Emigración e do delegado da Xunta en Lugo ao obradoiro de José Armando Chao Gil en Abadín
Imaxe de arquivo da visita do secretario xeral da Emigración e do delegado da Xunta en Lugo ao obradoiro de José Armando Chao Gil en Abadín
José Armando Chao Gil - Axudas ao Retorno Emprendedor
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración lembra aos galegos e galegas do exterior que continúa aberta a liña de axudas ao emprendemento que permite regresar a Galicia para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, ao igual que o fixo José Armando Chao Gil, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento deste negocio con ata 10.000 euros de subvención, aumentando a contía respecto ao ano anterior en 2.000 euros.

No seguinte vídeo, este retornado de Suíza, que reside actualmente en Abadín (Lugo), conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dun obradoiro de reparación e restauración de reloxos e venda de bixutería. O programa de axudas para emprendedoras e emprendedores retornados ten como obxectivo promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das e dos retornados, co fin de que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea).

179 lecturas