Miranda clausura en Xenebra a exposición “Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago” organizada pola Sociedade A Nosa Galiza
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou oficialmente a exposición Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago, do fotógrafo Manuel G. Vicente, que se puido ver dende o pasado 16 de novembro na Ferme Sarasin de Xenebra, organizada pola Sociedade A Nosa Galiza. No acto estivo acompañado do alcalde da localidade, Michel Pomatto, así como da presidenta da Irmandade Galega na Suíza, Ana María Mera.
Esta exposición mostra o exercicio de hospitalidade e acollida á e ao peregrino por parte da sociedade galega, pedra angular do Camiño de Santiago. As fotografías mostran así os valores do encontro e a solidariedade que aporta a ruta compostelá xunto aos valores paisaxísticos e históricos que posúe. O secretario xeral da Emigración aproveitou o evento para animar a tódolas galegas e galegos de Suíza a converterse en embaixadores do Ano Santo e animar a realizar a peregrinación ata Compostela ao longo deste Xacobeo bienal.
Novas relacionadas