Miranda mantivo un encontro coas representantes da Irmandade Galega na Suíza

O secretario xeral da Emigración e as representantes da Irmandade Galega na Suíza, durante o encontro que tivo lugar en Xenebra
O secretario xeral da Emigración e as representantes da Irmandade Galega na Suíza, durante o encontro que tivo lugar en Xenebra
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Suíza, un encontro coa presidenta da Irmandade Galega na Suíza, Ana María Mera, e a secretaria desta entidade en Xenebra, Noemí Figuerola.

Miranda interesouse pola entidade así como pola reactivación das actividades presenciais da mesma, e animoulles a participar na difusión e promoción do Ano Santo e do Xacobeo 21·22.

294 lecturas