Emigración lembra que a Xunta informará esta fin de semana sobre temas tributarios aos galegos e galegas de Suíza

  • Sesións informativas en Suíza sobre temas tributarios
    Sesións informativas en Suíza sobre temas tributarios
  • Sesión informativa sobre temas tributarios en Xenebra
    Sesión informativa sobre temas tributarios en Xenebra
  • Sesión informativa sobre temas tributarios en Berna
    Sesión informativa sobre temas tributarios en Berna
  • Sesión informativa sobre temas tributarios en Zürich
    Sesión informativa sobre temas tributarios en Zürich
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración lembra a todas e todos os interesados que, esta fin de semana, a Xunta de Galicia ofrecerá tres sesións informativas en Xenebra, Berna e Zürich, da man da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co obxectivo de achegar a situación tributaria en España a aqueles galegos e galegas residentes en Suíza que desexen retornar.

As xornadas terán lugar o venres 20 en Xenebra, ás 19:30 horas, no local de A Nosa Galiza; o sábado 21 na Sala Punkt.Null de Berna ás 17:00 horas; e o domingo 22, na Asociación cultural “As Xeitosiñas” de Zürich, ás 16:00 horas. As charlas informativas correrán a cargo do xefe da Área de Inspección Tributaria da Xunta de Galicia, Juan Antonio Mosquera Pena. 

224 lecturas