Elvira Domínguez, delegada da Xunta en Uruguai, manten un encontro de traballo coa Compañía Uruguaya de Transportes Colectivos fundada por galegos emigrantes
- Elvira Domínguez, delegada da Xunta en Uruguai, manten un encontro de traballo coa Compañía Uruguaya de Transportes Colectivos fundada por galegos emigrantes
- Elvira Domínguez, delegada da Xunta en Uruguai, manten un encontro de traballo coa Compañía Uruguaya de Transportes Colectivos fundada por galegos emigrantes
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, foi recibida nas últimas horas por Juan Salgado, presidente da Compañía Uruguaya de Transportes Colectivos Sociedad Anónima (Cutcsa), empresa fundada por galegos emigrantes e que conta con persoal composto por máis de 6.500 traballadores, o 85% deles españoles, na súa maioría, galegos. Na reunión acordouse o apoio desta firma á difusión de programas do Camiño de Santiago e a súa promoción, así como de outras accións de interese para a comunidade galega en Uruguai.
Cutcsa é a empresa de transporte colectivo máis importante do país, “que debemos destacar porque é un exemplo do traballo e a pegada que os nosos emigrantes deixaron en Uruguai e que segue a ser un orgullo na actualidade”. A empresa foi fundada en 1937 da man de José Añón Canedo, oriúndo de Laraza. O propio Juan Salgado é fillo dun ourensán e dunha coruñesa, e oito dos dez integrantes da Comisión Directiva desta empresa son fillos de emigrantes.
Novas relacionadas