A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na Gran Romaría do Centro Gallego de Montevideo
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou esta fin de semana na Gran Romaría que organiza anualmente o Centro Gallego de Montevideo, onde as e os participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do 2022 promocionaron o Camiño de Santiago entre as e os asistentes.
Na festa, que se celebra por primeira vez dende fai tres anos por mor da pandemia, xuntáronse máis de 1.300 persoas que puideron desfrutar das comidas, músicas e danzas tradicionais galegas. Neste encontro da colectividade galega no Uruguai estiveron tamén presentes as e os membros do Hogar Español de Ancianos que foron trasladados ata alí pola empresa Cutcsa. As e os máis cativos, pola súa banda, desfrutaron de xogos e da presenza de Food Trucks.
Novas relacionadas