A Delegada da Xunta de Galicia en Uruguai destaca a contribución de emigrantes galegos á industria vitivinícola uruguaia na 30ª edición do fin de semana do patrimonio

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, destacou a relevancia do patrimonio galego en Uruguai durante a 30ª edición da Fin de Semana do Patrimonio. O evento, que se celebrou baixo o lema “O viño como tradición: inmigración, traballo e innovación”, contou coa participación de diversas institucións españolas no país. Domínguez subliñou o traballo coordinado pola Federación de Asociacións Galegas do Uruguai e a participación de colectivos galegos nas actividades que tiveron lugar no Cabido de Montevideo, onde máis de 20.000 persoas puideron gozar deste evento cultural.
Durante a súa intervención, a delegada participou tamén nas actividades organizadas na sede do Centro Galego de Montevideo, onde puxo en valor o traballo dos corpos de baile e da banda de música galega. Ademais, resaltou a contribución de emigrantes galegos vinculados ao mundo do viño que participaron nunha mesa redonda sobre a influencia da inmigración na industria vitivinícola uruguaia, unha das temáticas centrais desta edición.
Novas relacionadas