A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos do 20 aniversario de Estrella Galicia no Uruguai

Imaxe do acto celebrado na capital uruguaia
Imaxe do acto celebrado na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 19 de setembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu esta fin de semana aos acto do 20 aniversario da firma Estrella Galicia neste país americano, que tivo lugar no espazo Kibon. O acto convocou aos distribuidores e importadores esta marca en todos os países americanos e a máis de 300 personalidades da sociedade uruguaia. 

A marca de cervexa galega chegou a este país do Sur do continente americano por primeira vez da man da distribuidora Pontyn, propiedade da familia Rama, emigrantes galegos que posicionaron esta marca como a cervexa de importación de referencia no Uruguai. Elvira Domínguez acompañou neste evento a Ignacio Rivera Quintana, CEO da corporación Hijos de Rivera, Maria Victoria Scola, cónsul general de España, e Jesús Rama, fundador de Pontyn.

196 lecturas