O grupo galego Milladoiro celebra 30 anos nos escenarios
A formación levou a cabo un labor de recuperación da tradición musical galega.
O grupo de folk galego Milladoiro celebrou os seus 30 anos nos escenarios cun concerto o 21 de outubro no centro cultural de Caixa Cantabria, en Santander. O grupo naceu a finais da década dos 70 da unión da formación tradicional "Faíscas do Xiabre" cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní.
Durante a súa traxectoria, o grupo levou a cabo un labor de recuperación da tradición musical galega. O primeiro concerto de Milladoiro tivo lugar o 15 de maio de 1979 no Colexio Salesianos da Coruña. O grupo emprega instrumentos locais como a gaita galega, a zanfona ou o pandeiro xunto a outros máis universais como o clarinete, o bouzouki ou a frauta transversa.
A versatilidade dos músicos traduciuse tamén na obtención dun Premio Goya en 1986 pola banda sonora orixinal da película "La mitad del cielo", de Manuel Gutiérrez Aragón.
Novas relacionadas