Ponte Caldelas e o "Centro Gallego de México" reciben o premio Entreculturas

O concello foi elixido pola relación de apoio que mantén co seu colectivo de emigrantes en Brasil.

Listen to this page using ReadSpeaker

O Concello de Ponte Caldelas e o Centro Galego de México foron galardoados co premio Entreculturas, concedido dende hai seis anos pola Deputación de Pontevedra. A finalidade do premio é recoñecer o compromiso co coñecemento dos pobos e a integración de culturas.

O Concello foi elixido pola relación de apoio e colaboración que mantén co seu colectivo de emigrantes en Brasil, formado por mil persoas, que resulta un vínculo entre ambas as dúas comunidades no nivel social, cultural, político e mesmo persoal.

Ponte Caldelas está irmandada coa cidade brasileira de Salvador de Bahía e todos os anos inclúe na súa programación cultural actos que recordan aos emigrantes galegos que viven no país sudamericano.

O "Centro Galego de México", que cumpre cen anos, destaca polo seu labor en favor dos emigrantes galegos nos ámbitos asistencial, social, cultural e deportivo. O Centro conta con dous mil socios titulares e outros nove mil de dereito.

Os galardóns foron entregados dentro das celebracións do Día da Hispanidade na localidade de Baiona.

1895 lecturas