A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de celebración do 143º aniversario do Centro Gallego de Montevideo

  • Imaxe da celebración do 143º aniversario do Centro Gallego de Montevideo
    Imaxe da celebración do 143º aniversario do Centro Gallego de Montevideo
  • Imaxe da celebración do 143º aniversario do Centro Gallego de Montevideo
    Imaxe da celebración do 143º aniversario do Centro Gallego de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 11 de setembro de 2022.

O Centro Gallego de Montevideo celebrou no seu complexo polideportivo o 143º aniversario coa presenza da delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, e cunha intervención por videoconferencia do secretario xeral da Emigración, quen agradeceu o labor que desenvolve esta entidade galega e, en especial, a súa asistencia ao VI Día da Galicia Exterior o pasado mes de xullo. 

A cea, presidida polo presidente da entidade, Ramón Lorenzo, contou con máis de medio millar de persoas, incluídas autoridades diplomáticas españolas e tamén directivos e directivas doutros centros galegos da capital do Uruguai. Esta entidade naceu en 1879 e conta con máis de 800 persoas asociadas na actualidade.

277 lecturas