A delegada da Xunta en Uruguai destaca na entrega do Premio Asorey o compromiso da colectividade galega en Uruguai coa preservación das tradicións
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou no acto de entrega do Premio Asorey 2025, outorgado pola Casa de Galicia de Montevideo ao gaiteiro Carlos González Siri, en recoñecemento a súa traxectoria artística e a súa contribución á difusión da música e da cultura galega no país. Durante a súa intervención, Domínguez puxo en valor o compromiso da colectividade galega en Uruguai coa preservación das tradicións e o labor desta institución, que segue a ser un referente de galeguidade no exterior.
Elvira Domínguez, tamén participou na Casa de Galicia na gala de homenaxe ao gaiteiro da emigración Celestino Pichel. No seu discurso, Domínguez fixo fincapé no valor do legado de Celestino Pichel como “o gaiteiro máis lonxevo da emigración”.
Novas relacionadas





