A delegada da Xunta no Uruguai participa na Romaría do Hogar Español de Ancianos de Uruguai, piar da colectividade española nese país
Montevideo (Uruguai), 4 de marzo de 2024.
A Romaría do Hogar Español de Ancianos de Uruguai contou coa presenza da delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez, e das máis altas autoridades da Embaixada e o Consulado de España, para compartir un día cheo de música, gastronomía e danza, incluíndo a do grupo de danzas do Centro Gallego.
Esta romaría non só serviu como unha ponte entre xeracións e culturas senón que tamén reafirmou o forte vínculo entre Galicia e Uruguai, celebrando a riqueza da herdanza española a través da música, o baile e a convivencia.
Novas relacionadas