A delegada da Xunta no Uruguai comparte coa colectividade galega o 145º aniversario do Club Español

  • Imaxe da celebración do 145º aniversario do Club Español de Montevideo
    Imaxe da celebración do 145º aniversario do Club Español de Montevideo
  • Imaxe da celebración do 145º aniversario do Club Español de Montevideo
    Imaxe da celebración do 145º aniversario do Club Español de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 8 de xullo de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, compartiu coa colectividade galega do país do Cono Sur o 145º aniversario do Club Español ao que asistiron as principais autoridades españolas.

Deste xeito, xunto a Elvira Domínguez asistiron tamén o embaixador de España no Uruguai, Santiago Jiménez, a cónsul xeral, María Victoria Scola, e o presidente do Club Español, Antonio Araujo. No acto tamén interveu o coro da institución baixo a dirección da profesora Graciela Laitano. Domínguez agradeceu a esta entidade o seu labor en prol da comunidade española neste país e desexoulle moitos anos máis de éxitos.

222 lecturas