A Consellería de Cultura e Educación, a través da Fundación Camilo José Cela, expón a figura do premio Nobel fóra de Galicia

“70 años de La familia de Pascual Duarte” inaugurarase esta semana no Teatro Principal de Burgos e a través dela réndese homenaxe a obra do autor galego.

Desde o pasado mes de outubro a Fundación Canal de Isabel II de Madrid acolle “Mitografías. Mitos en la intimidad”.

  • Portada de 'La familia de Pascual Duarte'
    Portada de "La familia de Pascual Duarte"
  • Cela, nunha imaxe dos anos 40
    Cela, nunha imaxe dos anos 40
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva a figura de Camilo José Cela fóra de Galicia, a través de dúas mostras organizadas pola súa Fundación.

Así, o traballo da Fundación Pública Camilo José Cela permite que se inauguren as exposicións 70 años de La Familia de Pascual Duarte e Mitografías. Mitos en la intimidad, que poderán verse en Burgos e Madrid respectivamente.

La familia de Pascual Duarte
A mostra conmemorativa, 70 años da publicación de La familia de Pascual Duarte inaugurarase este xoves, 29 de novembro, no Teatro Principal de Burgos e poderá ser visitada ata o 16 de decembro. Trátase dunha exposición comisariada pola Fundación e que conta coa colaboración do Ayuntamiento de Burgos e do Instituto Municipal de Cultura y Turismo, coa que se renderá homenaxe á obra mestra do premio Nobel na cidade onde foi publicada por primeira vez. Cómpre sinalar que o 7 de decembro de 1942 a obra saíu á luz, secretamente e esta edición esgotouse antes de que a censura lograse confiscala.

A novela foi aplaudida pola crítica con entusiasmo e, a pesares das dificultades impostas pola censura ás seguintes edicións, a novela será reeditada e moi pronto, xa en 1944, comezará a ser traducida a outras linguas, convertida nun dos emblemas da narrativa española dos anos 40.

As persoas que visiten o Teatro Principal de Burgos poderán ver o bureau orixinal no que foi escrita a novela xunto co facsímil do manuscrito de 1942; as cartas relacionadas co seu proceso de edición e xestación e a súa problemática coa censura; manuscritos orixinais de Cela nos que fala da publicación e mesmo algunha das criticas que recibiu a obra no seu momento. Completa a mostra diverso material documental no que destacan traducións e edicións da novela, teses doutorais e traballos de investigación relacionados coa mesma, así como unha selección de obra pictórica e gráfica.

Todos os fondos que se exporán nesta mostra pertencen ao legado que Camilo José Cela doou cara á posteridade e que se conservan na súa Fundación en Iria Flavia.

940 lecturas