«As médulas», de Silvia Bardelás, será traducido ao alemán.
A novela é a única obra escrita en galego das 210 de toda España que participaron no proceso de selección do proxecto New Spanish Books.
A novela galega As medulas, de Silvia Bardelás, foi elixida para ser traducida ao alemán no proceso de selección do proxecto New Spanish Book, do Instituto de Comercio Exterior e a Federación de Gremios de Editores de España. O obxectivo é a difusión no mercado anglosaxón e alemán de obras españolas.
As medulas foi a única obra escrita en galego das 210 de toda España que concorreron na selección. Trátase da primeira obra de Silvia Bardelás, que é editora dunha revista dixital sobre literatura e tamén tradutora.
A información foi adiantada por fontes de Edicións Barbantesa, e o veredicto darase a coñecer na feira do libro de Francfort, o 5 de outubro. Entre os membros do xurado que seleccionan as obras que serán traducidas hai tanto lectores coma tradutores, xornalistas, libreiros e editores alemáns.
Novas relacionadas