A Confederación APFERF pon en marcha as Permanencias xurídico-laborais e administrativas 2016

O servizo de asesoramento comezará no mes de febreiro
O servizo de asesoramento comezará no mes de febreiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016.

A Confederación de Asociaciones de Padres de Familias Españolas Residentes en Francia (CAPFERF) porá en marcha o vindeiro mes de febreiro o servizo de asesoramento Permanencias xurídico-laborais e administrativas gratuítas para mozas e mozos españois residentes no país galo.

Neste servizo de asesoramento contarase cun avogado e unha asistenta social (en lingua española) para que as interesadas e  interesados poidan resolver as súas dúbidas sobre contratos, dereitos, litixios, busca de vivenda, tarxeta de seguridade social, busca de emprego, xestións administrativas, apertura de contas bancarias, preparación dunha entrevista de traballo, C.V., etc. As consultas poden facerse presenciais, por correo electrónico ou vía telefónica previa inscrición obrigatoria (non se atenderá a ninguén sen previa reserva).

Inscricións e máis información sobre o programa en:

671 lecturas