Aberto o prazo de inscrición do encontro sobre oportunidades laborais para a xuventude na UE

O encontro virtual “Diálogos con” terá lugar o día 23 e o 25 de marzo de 2021 e as persoas interesadas poderán escoller en cal das dúas xornadas desexan participar.

Durante os encontros as e os participantes poderán coñecer da man de bolseiras e bolseiros da Fundación Galicia Europa e de institucións comunitarias, como o Parlamento Europeo ou a Comisión Europea, as oportunidades de prácticas e as saídas laborais que ofrece o ámbito comunitario.

“Diálogos con” é unha iniciativa posta en marcha pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
“Diálogos con” é unha iniciativa posta en marcha pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021.

A Fundación Galicia Europa (FGE) ten aberto o prazo de inscrición aos seus encontros sobre prácticas e saídas laborais para a mocidade na Unión Europea.

Os encontros, denominados Diálogos con, terán lugar en dúas xornadas virtuais neste mes de marzo, e ás e os asistentes poderán escoller entre a primeira, o día 23, ou a segunda, o día 25.

Durante o evento, a mocidade participante poderá coñecer da man de bolseiras e bolseiros da Fundación Galicia Europa e de institucións comunitarias, como o Parlamento Europeo ou Comisión Europea, as oportunidades de prácticas e as saídas laborais que ofrece o ámbito comunitario, así como dialogar con antigos bolseiros e bolseiras sobre a súa experiencia persoal.

Diálogos con é unha iniciativa organizada pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, enmarcada dentro da súa sección #EuroXuventude, coa que desexa continuar a dar resposta a un dos seus obxectivos fundacionais: formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia. 

A inscrición a estas xornadas ten un aforo limitado e os interesados e interesadas poden acceder ao programa e á páxina de inscrición a través desta ligazón.

A Fundación Galicia Europa
A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, esta fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 350 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.

651 lecturas