Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Xaneiro2026A Xunta lanza a nova convocatoria de Escolas Abertas para impulsar a formación especializada de 80 docentes das entidades galegas que no exterior atenden a máis de 5.000 persoas audio Esta iniciativa do Goberno galego promove a formación especializada para as persoas que imparten docencia nas entidades galegas do exterior, en actividades como baile, percusión, pandeireta ou formación de persoal directivo, entre outras. Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa... Máis información
-
20Xaneiro2026Miranda: “O Lar Gallego de Avilés é un referente cultural para os galegos de Asturias” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo coa presidenta do Lar Gallego de Avilés, Ana María Fernández Grela, que serviu para intercambiar impresións sobre os retos actuais da entidade e analizar novas liñas de colaboración para reforzar o seu papel como punto de referencia da galeguidade na zona. Miranda trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de continuar apoiando a estabilidade e a... Máis información
-
19Xaneiro2026Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Juan Alvite, unha das figuras máis representativas da colectividade española asentada en Río de Xaneiro, no Brasil. A reunión permitiu facer balance da situación actual dos galegos neste estado brasileiro e analizar os principais retos aos que se enfronta a comunidade este ano que comenza. Durante a xuntanza, Rodríguez Miranda puxo en valor a... Máis información
-
15Xaneiro2026A Xunta convoca a décima edición das Beme Máster acadando os 2.000 mozos retornados audio As 250 novas axudas para estudiar un máster, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, teñen un importe entre 8.000 e 12.500 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia do beneficiario. A Secretaría Xeral da Emigración destinará máis de 2,5 millóns de euros a esta medida, incluída na Estratexia Retorna 2023-2026 e con esta nova convocatoria terá ofrecido máis de 2.000 oportunidades que permiten atraer... Máis información
-
13Xaneiro2026A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025 audio A Xunta investiu preto de 740.000 euros nestas iniciativas sociais, culturais e interxeracionais. A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Reencontros con Galicia e Conecta, que ao longo de 2025 permitiron que máis de 300 galegos e descendentes do exterior reforzasen o seu vínculo coa terra a través de estadías, actividades culturais, itinerarios formativos e experiencias de voluntariado. No seu conxunto, estas iniciativas... Máis información
-
10Xaneiro2026As accións de divulgación do curso de galego de Galicia Aberta para achegar a nosa lingua aos galegos do exterior teñen este ano máis de 1,3 millóns de visualizacións audio A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia continúa promovendo con éxito o uso do galego entre as comunidades galegas no exterior a través do seu curso en liña de lingua e cultura galegas, que este ano acadou novamente unha alta participación e interese entre a diáspora galega en todo o mundo. O curso, que se desenvolveu a través da plataforma Aula GaliciaAberta, contou coa participación de destacadas personalidades da cultura galega... Máis información
-
09Xaneiro2026Miranda: “Queremos acompañar de preto a recuperación da actividade do Centro Galego do Perú” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo con Evelyn Castillo, vicepresidenta do Centro Galego do Perú, na que analizaron a situación actual da entidade e os pasos que se están a dar para a súa reactivación como espazo de referencia da colectividade galega no país andino. Durante o encontro, Miranda animou á directiva a continuar con este proceso de recuperación da actividade social e... Máis información
-
08Xaneiro2026O secretario xeral da Emigración mantén un encontro de traballo coa á delegada da Xunta en Uruguai para coordinar e planificar o ano que comenza: “A coordinación coas delegacións é clave para dar unha resposta eficaz á colectividade galega no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha reunión de traballo coa delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de planificar as liñas de actuación para este novo ano e coordinar a acción institucional no país. No encontro analizáronse as prioridades comúns e a axenda de actividades previstas para seguir reforzando a atención á colectividade galega... Máis información
-
06Xaneiro2026Diálogo, acompañamento e compromiso: Galicia no mundo durante 2025 audio Ao longo deste ano, o secretario xeral da Emigración estivo presente en numerosos países para manter un contacto directo coa colectividade galega no exterior: Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Venezuela, Cuba, Panamá, México, Estados Unidos, Suíza, Francia, Portugal e España. Un percorrido marcado polo diálogo, o acompañamento e o compromiso coa nosa diáspora, reforzando os lazos que manteñen viva a galeguidade en calquera lugar do mundo. O... Máis información
-
05Xaneiro2026Antonio Rodríguez Miranda analiza a situación que vive a colectividade galega en Venezuela no programa "Bos Días" da TVG audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no programa Bos Días, da Televisión de Galicia, onde analizou a situación que vive a colectividade galega en Venezuela. Durante a entrevista, Miranda abordou a situación das familias galegas residentes en Venezuela e o seguimento permanente que realiza a Xunta de Galicia para garantir información, apoio e acompañamento ás persoas galegas no exterior. Galicia mantense... Máis información
Páxinas |









