Miranda: “Queremos acompañar de preto a recuperación da actividade do Centro Galego do Perú”

Miranda: “Queremos acompañar de preto a recuperación da actividade do Centro Galego do Perú”
Miranda: “Queremos acompañar de preto a recuperación da actividade do Centro Galego do Perú”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 9 de xaneiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo con Evelyn Castillo, vicepresidenta do Centro Galego do Perú, na que analizaron a situación actual da entidade e os pasos que se están a dar para a súa reactivación como espazo de referencia da colectividade galega no país andino.

Durante o encontro, Miranda animou á directiva a continuar con este proceso de recuperación da actividade social e cultural do centro, poñendo en valor o seu papel como punto de encontro da galeguidade no exterior, e comprometeuse a realizar unha visita ao longo deste ano para acompañar á entidade nalgunha das actividades que se están a impulsar, reafirmando así o apoio da Xunta de Galicia aos preto de 2.000 galegos residentes no Perú.

137 lecturas