A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025

A Xunta investiu preto de 740.000 euros nestas iniciativas sociais, culturais e interxeracionais.

  • A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025
    A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025
  • A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025
    A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025
  • A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025
    A Xunta reforza o vínculo cos galegos do exterior con preto de 350 beneficiarios nos programas Conecta e Reencontros en 2025
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 13 de xaneiro de 2026.

A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Reencontros con Galicia e Conecta, que ao longo de 2025 permitiron que máis de 300 galegos e descendentes do exterior reforzasen o seu vínculo coa terra a través de estadías, actividades culturais, itinerarios formativos e experiencias de voluntariado. No seu conxunto, estas iniciativas supuxeron un investimento global de preto de 740.000 euros, consolidándose como ferramentas clave da política de atención á diáspora galega.

O programa Reencontros con Galicia, dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos, contou este ano con 200 participantes, que regresaron temporalmente á súa terra de orixe para reencontrarse coa familia, coa memoria e co territorio. Pola súa banda, os programas Conecta con Galicia no Camiño e Conecta co Voluntariado en Galicia, orientados á mocidade descendente da emigración, sumaron preto de 150 participantes, combinando coñecemento do patrimonio, convivencia, compromiso social e transmisión da identidade galega entre xeracións máis novas.

Estas tres iniciativas comparten un forte compoñente humano e simbólico, ao facilitar experiencias vitais que van máis alá da visita turística: no caso de Reencontros, recuperando lazos emocionais tras décadas de emigración; e no caso de Conecta, permitindo que a mocidade do exterior coñeza Galicia desde dentro, a través do Camiño de Santiago e de accións de voluntariado ambiental e cultural.

Con este balance, a Xunta reafirma o seu compromiso cunha política de emigración centrada nas persoas, que entende o retorno, o reencontro e a conexión coa diáspora como un investimento social de futuro. Programas como Reencontros e Conecta contribúen a manter viva a galeguidade no mundo, fortalecendo unha relación bidireccional entre Galicia e os galegos do exterior baseada na memoria, na identidade compartida e no sentimento de pertenza.

Os beneficiarios proceden de países como Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai ou diferentes partes de Europa.

294 lecturas