Antonio Rodríguez Miranda analiza a situación que vive a colectividade galega en Venezuela no programa "Bos Días" da TVG
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no programa Bos Días, da Televisión de Galicia, onde analizou a situación que vive a colectividade galega en Venezuela.
Durante a entrevista, Miranda abordou a situación das familias galegas residentes en Venezuela e o seguimento permanente que realiza a Xunta de Galicia para garantir información, apoio e acompañamento ás persoas galegas no exterior.
Galicia mantense atenta á evolución dos acontecementos e sempre ao lado da súa diáspora, especialmente en momentos de incerteza.
Novas relacionadas




