As axudas da Xunta para a internacionalización de empresas galegas contribuíron ao aumento das exportacións de Galicia.

Javier Guerra propón que as empresas galegas aproveiten a vantaxe idiomática para aumentar a súa presenza en México

Listen to this page using ReadSpeaker

As axudas que a Xunta de Galicia ofrece ás empresas galegas para aumentar a súa presenza no exterior veñen xerando bos froitos na balanza comercial. Grazas a estas, as exportacións galegas aumentaron un 18% no primeiro trimestre do 2010.

«As empresas que están internacionalizadas son as que mellor están a resistir a crise», subliñou o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, durante a súa intervención na celebración do bicentenario da independencia de México acto que serviu para inaugurar o cargo do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, como novo cónsul honorario de México en Galicia.

O responsable autonómico de Economía e Industria resaltou que, na actualidade, a internacionalización das empresas é algo «absolutamente imprescindible» e avogou que os empresarios galegos aproveiten as vantaxes que o idioma ofrece para aumentar a súa presenza en México.

2305 lecturas