Arranca «Backstage del Camino de Santiago», a campaña de comercialización do turismo galego

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo iniciará o día 14 de abril en Alcalá de Henares a campaña de presentacións e comercialización da oferta turística galega para o ano 2010.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de abril de 2010.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo iniciará o día 14 de abril en Alcalá de Henares a campaña de presentacións e comercialización da oferta turística galega para o ano 2010, que se extenderá ata o día 23 de xuño por oito cidades españolas. Esta campaña terá un eixe de comercialización dos productos turísticos galegos a través das propias empresas turísticas e a promoción dos recursos turísticos galegos.

Turgalicia organizará unha misión comercial na que participarán un promedio de 50 empresarios galegos, que se reunirán con representantes de empresas turísticas dos contornos das ciudades visitadas: Alcalá de Henares, Valencia, Logroño, Zaragoza, Barcelona, San Sebastián, Bilbao e Sevilla. A campaña promocional dará comezo esta mesma semana no Parador de Alcalá de Henares e nela intervirá a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, cunha presentación sobre a oferta turística de Galicia.

Este ano, a presentación do Turismo galego centrarase na promoción do Xacobeo 2010 e de Galicia como un destino diferenciado, con productos propios e dos que o visitante poderá disfrutar de distintas maneiras. Promocionaranse de maneira especial o Turismo de Saude, o Turismo de Natureza, o Turismo Cultural e as cidades. Ademáis, incidirase na promoción de productos como o golf e náutica.

Backstage do Camiño de Santiago
Nun campo tan competitivo como a promoción turística, Galicia, a través de Turgalicia, adopta esta temporada unha nova maneira de comunicación, co obxecto de cautivar a atención dos operadores das cidades visitadas, por medio dun cóctel-espectáculo orixinal que contará con distintas actividades que promoverán a participación dos asistentes, operadores turísticos e profesionales do sector, dunha maneira lúdica.

Ao obxecto de difundir os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2010, Turgalicia presentará un espectáculo que recreará o backstage do atuendo habitual do peregrino: botas, pantalón, camisa, calcetíns, gorra, chuvasquero e bastón. Así, os asistentes poderán escoller e conformar su respectivo modelo.

Diseñadores galegos
O espectáculo incluido nas presentacións da oferta turística de Galicia para o ano 2010 inclue tamén un desfile de modelos a cargo de novos creadores de moda galega que farán a sua respectiva interpretación do traxe de peregrino.

Ademáis, a presentación estará amenizada con música galega e os asistentes poderán degustar mostras da gastronomía propia da Comunidade autónoma.

Encontros profesionais
Estas presentacións levanse a cabo co obxecto de promover os encontros profesionais, donde entra en contacto o sector turístico galego cos canles de comercialización das axencias de viaxes e transportes, maioristas, así como con autoridades turísticas locais e medios de comunicación.

Estos encontros son de grande aceptación entre os representantes turísticos das cidades visitadas e constituen un dos medios máis directos para informar da oferta turística galega aos axentes de comercialización.

2228 lecturas