O gobernador de Iucatán traslada a Feijóo o interese en establecer nexos estables con Galicia en sectores como o eólico, o turismo, a pesca, a agroalimentación e o vitivinícola

O titular da Xunta reuniuse, hoxe, co gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata.

O presidente galego destaca as potencialidades da Comunidade para participar nos plans de diversificación económica emprendida neste Estado mexicano.

  • O presidente da Xunta na súa reunión de hoxe co gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata.
    O presidente da Xunta na súa reunión de hoxe co gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata.
  • O presidente da Xunta na súa reunión de hoxe co gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata.
    O presidente da Xunta na súa reunión de hoxe co gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata.
Listen to this page using ReadSpeaker
Iucatán (México), 16 de abril de 2013.

O gobernador do Estado de Iucatán, Rolando Zapata, trasladou, hoxe, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o interese en establecer nexos estables con Galicia en sectores como o eólico, a pesca, o turismo a agroalimentación e o sector vitivinícola.

Durante a xuntanza que ambos dirixentes mantiveron esta tarde, o titular do Goberno galego destacou as potencialidades da Comunidade galega para participar nos plans de diversificación económica emprendida neste Estado. E, neste senso, referiuse á posibilidade de afondar na colaboración no ámbito eólico; un sector no que Galicia conta cunha experiencia que pode ser moi útil para os obxectivos de Iucatán, nesta materia.

Así mesmo, o encontro tamén serviu para abrir un diálogo estable en materia de pesca e e de turismo, posto que Iucatán é líder nacional en captura e venda de produtos pesqueiros como o polbo, ao tempo que ten o turismo como principal motor da súa economía. Ademais, Feijóo e Zapata abordaron as posibilidades de cooperación noutros eidos como o sector da agroalimentación e o sector vitivinícola, ambos os dous de especial importancia neste estado mexicano.

O gobernador do Estado de Iucatán recolleu durante a reunión a invitación do presidente da Xunta para que visite proximamente Galicia e teña a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que se realiza na Comunidade nos sectores en que ambos os territorios comparten intereses.

Á xuntanza tamén asistiron o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde e os secretarios de Economía, de Educación e de Desenvolvemento Urbano e Medio Ambiente do Estado de Iucatán.

738 lecturas