Aberto ata o 15 de xullo o prazo para inscribirse no “I Encontro de artistas novos. Cidade da Cultura de Galicia” que se celebrará entre o 4 e o 9 de setembro no Gaiás

De entre as inscricións seleccionaranse só cen mozos e mozas, que poderán coñecer e compartir experiencias durante seis días con creadores xa consolidados no mundo da arte contemporánea, como Pierre Gonnord, Carles Congos, Rubén Ramos Balsa ou Fernando Sánchez Castillo.

A Fundación Cidade da Cultura correrá cos gastos de inscrición, aloxamento (en réxime de pensión completa no Monte do Gozo) e das visitas a museos e centros culturais galegos previstos no programa.

Dirixido polo ex director do MUSAC Rafael Doctor, o encontro organizará unha mostra na que se exhibirán trinta proxectos artísticos realizados polos participantes, co fin de dar a coñecer as súas creacións.

Listen to this page using ReadSpeaker
13 de xuño de 2011.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia abriu xa o prazo para conseguir unha das cen prazas que se convocan no I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura de Galicia. Os interesados e interesadas teñen ata o venres 15 de xullo para formalizar a súa inscrición. As bases, programa e documentación para facelo poden descargarse en www.cidadedacultura.org/programacultural.

O encontro, no que cen creadores e creadoras novos convivirán durante seis días con artistas xa consolidados, con directores de museos, comisarios ou críticos de arte, está dirixido a artistas novos galegos, do resto de España e doutros países, cunha idade de entre 18 e 35 anos e que sexan estudantes ou licenciados en Belas Artes (ou titulación afíns), ou ben cunha traxectoria artística acreditada.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia correrá cos gastos de inscrición, aloxamento -en réxime de pensión completa no Monte do Gozo-, transporte diario entre o Monte do Gozo e a Cidade da Cultura, e viaxes previstos no programa para visitar outros centro culturais galegos, como o museo MARCO de Vigo.

Dirixido por Rafael Doctor Roncero, ex director do MUSAC e comisario independente, o encontro contará con artistas como Pierre Gonnord, Cristina Lucas, Ana Soler, Antonio Ballester, Carles Congost, Daniel Canogar, Victoria Diehl, Rubén Ramos Balsa, Fernando Sánchez Castillo, José Luis Serzo y Suso Fandiño. Xunta a eles, estarán directores de museos, como Miguel Von Haffe, responsable do CGAC ou Iñaki Martínez Antelo, del MARCO de Vigo.

Durante os seis días do encontro, os seleccionados e seleccionadas participarán en conferencias e talleres sobre a situación da arte contemporánea. Ademais, para dar unha maior visibilidade aos novos talentos, organizarase Foro Aberto, onde trinta creadores terán a oportunidade de expoñeren os seus proxectos. Esta actividade permitirá tamén dar a coñecer as infraestruturas culturais dedicadas a arte contemporánea que existe en Galicia.

 

1352 lecturas