Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Febreiro2026Miranda: “O futuro da galeguidade nos Estados Unidos constrúese desde a colaboración entre entidades” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo cos responsables das entidades galegas de Nova York e Newark, co obxectivo de afondar na situación actual da colectividade e coordinar liñas de colaboración de cara ao futuro. O encontro serviu para reforzar os vínculos entre a Xunta de Galicia e os galegos asentados nesta área estratéxica dos Estados Unidos, nun clima de diálogo, proximidade e... Máis información
-
10Febreiro2026Emigración reafirma o seu apoio ao Centro Galego da República Dominicana para impulsar as actividades previstas nos vindeiros meses e manter viva a galeguidade no país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un novo encontro de traballo co presidente do Centro Galego O Noso Lar da República Dominicana, Antonio Sánchez, no que se fixo balance da evolución da entidade e se abordaron os próximos proxectos previstos para este ano, entre eles a renovación da Praza de Galicia en Santo Domingo. Durante a reunión, tamén se puxo en valor o papel activo do centro como espazo dinamizador da... Máis información
-
09Febreiro2026Increméntase preto dun 60 % o número de espectadores do exterior do cine galego a través do Ciclo Mestre Mateo, froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual audio Máis de 2.300 persoas espectadoras do continente americano e europeo residentes en 5 países do mundo participaron nesta edición. A iniciativa achega longametraxes e documentais finalistas e gañadores dos Premios Mestre Mateo ás comunidades galegas de todo o mundo. En total, máis de 2.300 persoas espectadoras, o que supón un crecemento do 57 % con respecto a 2024, residentes en Arxentina, Uruguai, República Dominicana, Castelló, Burgos,... Máis información
-
09Febreiro2026PRÓXIMAS FEIRAS de emprego no BRASIL audio Galicia tamén se constrúe desde o exterior. A nosa sempre foi unha terra de emigrantes, pero hoxe é tamén unha terra de oportunidades. Por iso, como nos explica o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, a Xunta segue reforzando a Estratexia Retorna, pensada para que esas oportunidades cheguen tamén a ti, galega ou galego do exterior que estás a pensar en volver. Tras o éxito das feiras de emprego celebradas en Arxentina... Máis información
-
08Febreiro2026A Xunta lembra que a partir de mañá os emigrantes galegos retornados poderán solicitar as axudas ao autoemprego e actividade emprendedora audio O prazo de solicitudes destes apoios publicados esta semana no DOG prolongarase ata o 30 de setembro de 2026, a eles o Goberno galego destina máis de 1 M€ e enmárcanse na Estratexia Galicia Retorna e tamén na Estratexia de emprendemento. As achegas van desde os 6.000 euros e poden chegar ata os 10.000 euros cando a persoa solicitante é muller e o seu centro de traballo está situado nun municipio rural. Desde a súa posta en marcha apoiáronse nuns... Máis información
-
07Febreiro2026Miranda: “Máis de 500 galegos celebrando o Entroido en Zúrich son o mellor exemplo dunha Galicia viva no exterior” audio O secretario xeral da Emigración participou na celebración do Entroido da Asociación Cultural As Xeitosiñas, referente da galeguidade en Suíza desde 1981. O encontro reuniu a centos de galegos residentes en Suíza nunha das celebracións máis representativas do calendario cultural da colectividade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Zúrich na celebración do Entroido organizada pola Asociación Cultural As... Máis información
-
06Febreiro2026A Xunta lembra nun encontro con bolseiros BEME que está aberta a convocatoria deste ano coa que acadará os 2.000 mozos e mozas retornados audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo un encontro con alumnos beneficiarios das BEME que cursan os seus másteres no Campus de Ourense no que tamén estivo o delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo. O secretario xeral da Emigración lembrou que o prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria rematará o 30 de abril. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo... Máis información
-
05Febreiro2026A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º Aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Chile e Uruguai audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Santiago na presentación da axenda de actuacións prevista para o mes de marzo. José González puxo en valor a traxectoria da formación e indicou que a xira supón unha oportunidade relevante para fortalecer os lazos coa diáspora, conectar con novos públicos e consolidar a imaxe de Galicia como unha terra referente. Neste marco, a Xunta promoverá que as actuacións do conxunto cheguen ás... Máis información
-
03Febreiro2026A Xunta analiza posibles fórmulas de colaboración con Raicex para reforzar o apoio á diáspora científica e impulsar o retorno audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora da área de Talento e Transferencia, María José Mariño Fontenla, e pola subdirectora xeral de Retorno, Begoña Solís, mantivo unha reunión telemática cos representantes da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos no Exterior (RAICEX). No transcurso do encontro, os distintos responsables deron a coñecer as principais liñas de traballo que desenvolven... Máis información
-
02Febreiro2026A Xunta reforza a atracción de talento emprendedor dos retornados cunha nova edición de axudas dotada con máis de 1 M€ para apoiar 150 proxectos audio A convocatoria de 2026 destas achegas, integrada na Estratexia Galicia Retorna e tamén na Estratexia de emprendemento ligado ao territorio sairá publicada este mércores no DOG e abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro 9 de febreiro. As achegas van desde os 6.000 euros e poden chegar ata os 10.000 euros cando a persoa solicitante é muller e o seu centro de traballo está situado nun municipio rural. Desde a súa posta en marcha apoiáronse nuns 200... Máis información
Páxinas |









