A Xunta analiza posibles fórmulas de colaboración con Raicex para reforzar o apoio á diáspora científica e impulsar o retorno
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora da área de Talento e Transferencia, María José Mariño Fontenla, e pola subdirectora xeral de Retorno, Begoña Solís, mantivo unha reunión telemática cos representantes da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos no Exterior (RAICEX). No transcurso do encontro, os distintos responsables deron a coñecer as principais liñas de traballo que desenvolven nos seus ámbitos de actuación, co propósito de explorar vías de cooperación que contribúan a facilitar o retorno das persoas investigadoras galegas e a reforzar a relación coa comunidade científica asentada no exterior.
Durante a xuntanza tamén se deron a coñecer as actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia en materia de apoio á investigación, á innovación e á atracción de talento, así como as oportunidades que ofrece Galicia para o desenvolvemento dunha carreira profesional no eido científico e tecnolóxico. As partes coincidiron na necesidade de avanzar nun traballo conxunto e coordinado que permita favorecer o regreso do talento galego e consolidar Galicia como un destino atractivo para a investigación.
Novas relacionadas




