A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º Aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Chile e Uruguai

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Santiago na presentación da axenda de actuacións prevista para o mes de marzo.

José González puxo en valor a traxectoria da formación e indicou que a xira supón unha oportunidade relevante para fortalecer os lazos coa diáspora, conectar con novos públicos e consolidar a imaxe de Galicia como unha terra referente.

Neste marco, a Xunta promoverá que as actuacións do conxunto cheguen ás comunidades galegas residentes en Bos Aires, Rosario, Córdoba, Montevideo e Santiago de Chile, cidades nas que están previstos un total de seis concertos.

Ademais, organizaranse actividades nos centros galegos, como masterclass e encontros cos membros do grupo co obxectivo de fortalecer o papel destas entidades como espazos de encontro e difusión da identidade galega no exterior.

O conselleiro enfatizou que a música continúa a ser unha das mellores embaixadoras da cultura galega, lembrando a boa acollida dos concertos de Luz Casal e Baiuca celebrados en Bos Aires o pasado ano no marco da iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’.

A través desta colaboración, a Xunta reafirma o seu compromiso coa promoción exterior da cultura galega e co fortalecemento das relacións coa comunidade galega do exterior.

  • A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º Aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Chile e Uruguai
    A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º Aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Chile e Uruguai
  • A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º Aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Chile e Uruguai
    A Xunta colaborará con Luar na Lubre na xira do seu 40º Aniversario para achegar a música do grupo á comunidade galega da Arxentina, Chile e Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 5 de febreiro de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde, xunto co fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero, na presentación da xira de concertos que o grupo realizará no mes de marzo na Arxentina, no Uruguai e en Chile con motivo do seu 40º aniversario. A Xunta colabora nesta iniciativa co obxectivo de reforzar os vínculos coa comunidade galega do exterior e impulsar a proxección internacional da cultura galega.

Durante a rolda de prensa, o conselleiro puxo en valor a traxectoria de Luar na Lubre, que desde 1985 leva a música galega a escenarios internacionais combinando raíces tradicionais con influencias folk e célticas. Indicou que a xira representa unha oportunidade relevante para fortalecer os lazos coa diáspora, conectar con novos públicos e consolidar a imaxe de Galicia como unha terra referente.

A colaboración da Xunta estrutúrase en dúas liñas principais. A primeira céntrase en promover que as actuacións do grupo cheguen ás comunidades galegas residentes en Bos Aires, Rosario, Córdoba, Montevideo e Santiago de Chile, cidades que contan con importantes colectividades galegas e nas que terán lugar os concertos. A segunda consiste na organización de actividades culturais complementarias nos centros galegos destas localidades, como masterclass e encontros cos membros da banda, co propósito de reforzar o papel destas entidades como espazos de encontro e dinamización cultural.

O conselleiro sinalou que esta iniciativa contribúe a proxectar unha Galicia moderna, creativa e orgullosa das súas raíces, ao tempo que fortalece o vínculo emocional e cultural da diáspora coa súa terra. Destacou tamén que a música continúa a ser unha das mellores embaixadoras da cultura galega, lembrando a boa acollida dos concertos de Luz Casal e Baiuca celebrados en Bos Aires o pasado ano no marco da iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’, impulsada coincidindo coa condición de Galicia como comunidade convidada de honra pola Embaixada de España na celebración do 12 de outubro.

A xira de Luar na Lubre inclúe seis concertos en tres países. Comezará o 5 de marzo en Montevideo (Uruguai), no Teatro El Galpón; continuará o 7 de marzo en Santiago de Chile, no Centro Cultural Ceina; e completará catro actuacións na Arxentina: os días 10 e 11 de marzo en Bos Aires, na Sala La Trastienda; o 13 de marzo en Rosario, no Teatro Lavardén; e o 14 de marzo en Córdoba, no Teatro Real.

A través desta colaboración, a Xunta reafirma o seu compromiso coa promoción exterior da cultura galega e co fortalecemento das relacións coa comunidade galega do exterior.

287 lecturas