Miranda: “Máis de 500 galegos celebrando o Entroido en Zúrich son o mellor exemplo dunha Galicia viva no exterior”
O secretario xeral da Emigración participou na celebración do Entroido da Asociación Cultural As Xeitosiñas, referente da galeguidade en Suíza desde 1981.
O encontro reuniu a centos de galegos residentes en Suíza nunha das celebracións máis representativas do calendario cultural da colectividade.
Miranda: “Máis de 500 galegos celebrando o Entroido en Zúrich son o mellor exemplo dunha Galicia viva no exterior”
Miranda: “Máis de 500 galegos celebrando o Entroido en Zúrich son o mellor exemplo dunha Galicia viva no exterior”
Miranda: “Máis de 500 galegos celebrando o Entroido en Zúrich son o mellor exemplo dunha Galicia viva no exterior”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Zúrich na celebración do Entroido organizada pola Asociación Cultural As Xeitosiñas, un dos encontros máis destacados do calendario anual desta entidade galega en Suíza, que reuniu a máis de 500 persoas da colectividade galega residente no país helvético. A festa combinou música tradicional, baile, gastronomía e actividades populares, converténdose nun espazo de convivencia interxeracional arredor das tradicións galegas.
Durante a súa visita, Miranda puxo en valor o labor desenvolvido por As Xeitosiñas desde a súa fundación en 1981 como referente da galeguidade en Europa e exemplo de compromiso coa preservación e difusión da cultura galega no exterior. O secretario xeral destacou especialmente a capacidade da entidade para manter vivas celebracións tradicionais como o Entroido, así como o papel do seu grupo de gaitas e baile na transmisión da cultura galega ás novas xeracións.
Así mesmo, lembrou a importancia da comunidade galega en Suíza, onde residen máis de 41.000 galegos. Nese contexto, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando ás entidades galegas do exterior polo seu papel fundamental como nexo de unión coa terra e como espazos de encontro, cultura e orgullo colectivo para a diáspora.
Novas relacionadas



