PRÓXIMAS FEIRAS de emprego no BRASIL
Galicia tamén se constrúe desde o exterior.
A nosa sempre foi unha terra de emigrantes, pero hoxe é tamén unha terra de oportunidades. Por iso, como nos explica o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, a Xunta segue reforzando a Estratexia Retorna, pensada para que esas oportunidades cheguen tamén a ti, galega ou galego do exterior que estás a pensar en volver.
Tras o éxito das feiras de emprego celebradas en Arxentina e Uruguai, este ano damos un novo paso a Feira de Emprego celebrarase en Brasil.
Un espazo para conectar talento galego no exterior con empresas de Galicia que buscan profesionais e queren contar contigo para seguir medrando.
Moi pronto anunciaremos datas e detalles.
Porque Galicia non só se constrúe con quen está aquí, senón tamén con quen quere volver.
Novas relacionadas




