Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
29Xuño2026Rueda preside o minuto de silencio en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Executivo galego, preside o minuto de silencio en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela diante do Edificio Administrativo de San Caetano. Tamén tiveron lugar minutos de silencio nas delegacións territoriais do Goberno galego. Máis información
-
28Xuño2026Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego audio O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades. O Goberno galego está en permanente contacto cos centros galegos desde o primeiro momento, e puxo en marcha diferentes actuacións de cooperación. Na reunión apelouse á cautela... Máis información
-
28Xuño2026A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Vitoria na celebración do XXXVII Día de Galicia en Euskadi. José González puxo en valor a traxectoria de máis de 40 anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, organizadora deste evento anual de referencia para a colectividade e que integra as principais entidades galegas do País Vasco. Subliñou a fortaleza do tecido asociativo desta comunidade con fitos tan relevantes como o... Máis información
-
27Xuño2026A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, con motivo da súa viaxe á comunidade para participar mañá nos actos do Día de Galicia en Euskadi. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta tarde o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, onde foi recibido pola presidenta... Máis información
-
26Xuño2026Teléfonos de asistencia consular para Venezuela audio Ante o recente sismo ocorrido en Venezuela, a Secretaría Xeral de Emigración quere informar dos teléfonos de asistencia para emerxencias do Consulado Xeral de España en Caracas, así como da Oficina Consular do Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación en Madrid: +58 424-2090264 (Caracas). +34 91 000 1249 (Madrid). Ao mesmo tempo, queremos facer un chamamento a toda a comunidade galega residente en Venezuela para que manteña a calma,... Máis información
-
22Xuño2026Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, xunto ao delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, un encontro con Juan Alvite, unha das personalidades de maior relevancia da colectividade española na cidade brasileira e un referente histórico do asociacionismo galego. A reunión serviu para intercambiar impresións sobre a realidade actual da comunidade galega e española en Río, así como para analizar novas... Máis información
-
20Xuño2026A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe no encontro en Oleiros. José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia. Referíndose aos que noutrora cruzaron o Atlántico buscando oportunidades, celebra que hoxe moita descendencia volva cruzalo... Máis información
-
20Xuño2026A Xunta pon en valor o traballo das delegacións autonómicas na Arxentina e no Uruguai para avanzar nas políticas de retorno e no apoio á colectividade audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, mantiveron esta semana unha reunión de traballo cos delegados da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, e no Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de facer balance das políticas impulsadas polo Goberno galego dirixidas á colectividade e abordar os... Máis información
-
19Xuño2026Emigración publica a listaxe de puntuación provisional dos candidatos e suplentes das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2026 audio A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe coa puntuación provisional das persoas candidatas e suplentes, así como a listaxe de excluídas das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME) 2026. As e os candidatos disporán de prazo ata o 26 de xuño para presentar as alegacións que consideren oportunas. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS será dende hoxe 19 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO DE 2026 (ata as 23:59 horas, horario... Máis información
-
17Xuño2026O programa de mentoría Merlo supera as 500 persoas participantes e reforza o apoio ao retorno e á integración en Galicia audio Máis de 500 persoas xa participaron no programa de mentoría Merlo desde a súa posta en marcha en 2021. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun encontro de networking desta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel, dirixida a beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e a galegos retornados. No encontro tamén participaron Alejandro López Dobarro,... Máis información
Páxinas |









