Teléfonos de asistencia consular para Venezuela

Teléfonos de asistencia consular para Venezuela.
Teléfonos de asistencia consular para Venezuela.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026.

Ante o recente sismo ocorrido en Venezuela, a Secretaría Xeral de Emigración quere informar dos teléfonos de asistencia para emerxencias do Consulado Xeral de España en Caracas, así como da Oficina Consular do Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación en Madrid:

  • +58 424-2090264 (Caracas).
  • +34 91 000 1249 (Madrid).

Ao mesmo tempo, queremos facer un chamamento a toda a comunidade galega residente en Venezuela para que manteña a calma, actúe con prudencia e siga as recomendacións das autoridades:

  • Verifique o estado de todas as persoas que se atopen con vostede, especialmente nenos, adultos maiores e persoas con mobilidade reducida.
  • Revise se a súa vivenda ou lugar de traballo presenta danos estruturais. Se observa gretas importantes ou risco de colapso, evacúe cara a un lugar seguro.
  • Peche, se é posible e de forma segura, a subministración de gas e electricidade para previr accidentes.
  • Mantéñase afastado de fiestras, fachadas, postes, árbores, cables eléctricos e calquera estrutura que poida desprenderse.
  • Se necesita evacuar, utilice sempre as escaleiras. Non empregue ascensores.
  • Teña preparada unha lanterna, auga, medicamentos esenciais e os seus documentos importantes en caso dunha eventual réplica.
  • Utilice preferentemente mensaxes de texto ou WhatsApp para comunicarse cos seus familiares e evitar conxestión das redes telefónicas.
  • Lembre que despois dun sismo, poden presentarse réplicas. Mantéñase informado unicamente as canles oficiais e evite difundir información non verificada.
44 lecturas